Simone Beauvoir
SIMONE BEAUVOIR
Simone Lucie Ernestine Marie Bertrand de Beauvoir; París, 9 de xaneiro de 1908-París,14 de abril de 1986. Foi unha escritora, profesora e filósofa francesa feminista. Foi unha loitadora pola igualdade de dereitos da muller e pola despenalización do aborto e das relacións sexuais. Escribiu novelas, ensaios, biografías e monográficos sobre temas políticos, sociais e filosóficos. O seu pensamento enmárcase na corrente filosófica do existencialismo e a súa obra O segundo sexo, considérase fundamental na historia do feminismo. Foi parella do tamén filósofo Jean Paul Sartre.
Definiu o feminismo no 1963 como "Unha maneira de vivir individualmente e unha maneira de loitar colectivamente". Ademais das súas achegas o feminismo cabe destacar as súas reflexións sobre a creación literaria, sobre o desenrolo da esquerda antes e despois da Segunda Guerra Mundial, sobre a dor e a percepción do eu, sobre os lindeiros do psicanálise e sobre as premisas profundas do existencialismo.
https://es.wikipedia.org/wiki/Simone_de_Beauvoir
https://www.culturamas.es/blog/2017/06/19/simone-de-beauvoir-culmen-del-feminismo-y-la-literatura/
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.