Jocelyn Bell

Jocelyn Bell

JOCELYN BELL BURNELL
NACEMENTO: Irlanda do norte, 1943
FORMACIÓN: astrofísica
DESTACA:
É a descubridora do púlsar, un corpo extraordinariamente compacto que rota sobre si mesmo emitindo radio-ondas. Fixéronlle falta máis de 5 quilómetros de papel para descubrilo. Usou os escintileos dun radiotelescopio no estudo dos quásares. Detectou un patrón nos rexistros das lecturas, que se trataba dun pulso regular. Finalmente identificou a fonte como unha estrela de neutrones de rápida rotación, é dicir, un púlsar.
O traballo de Bell Burnell na primeira observación e análise dos púlsares foi crucial na nosa comprensión moderna deles. Con todo, a comunidade científica deulle as costas e foi o seu supervisor de doutoramento e non ela, Antony Hewish, quen gañou o Premio Nobel por este traballo co astrónomo Martin Ryle, malia que Bell Burnell observou por primeira vez o fenómeno.
Foi presidenta da Royal Astronomical Society de 2002 a 2004 e presidenta do Instituto de Física de outubro de 2008 a 2010. Agora traballa como profesora visitante de astrofísica na Universidade de Oxford e é membro de Mansfield College.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas