Emilia Pardo-Bazán
EMILIA PARDO BAZÁN
Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921. Foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública. Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. En recoñecemento polos seus méritos artísticos, concederíalle o rei Afonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.
Destaca tamén o seu labor na creación da Real Academia Galega. Considerada como unha das precursoras do movemento feminista en España, criticou a degradación e marxinación da muller e expresou o seu desexo de crear para as mulleres unha educación e unha formación intelectual igual cá dos homes. Chegou a ser a 1ª muller en presidir a Sección de Literatura no Ateneo de Madrid, a 1ª nomeada Conselleira de Instrución Pública e a 1ª muller catedrática de Literatura Contemporánea de Linguas Neolatinas da Universidade Central de Madrid.
FONTE:
https://es.wikipedia.org/wiki/Emilia_Pardo_Baz%C3%A1n
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/03/06/100-gallegas-conoces-deberias/00031520358226883547349.htm
https://ciudadseva.com/autor/emilia-pardo-bazan/cuentos/
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.