Adela Asúa Barrita

Adela Asúa Barrita

ADELA ASÚA BARRITA
Naceu en 1948, en Bilbao. É unha xurista e catedrática española, maxistrada polo Tribunal Constitucional desde o 29 de Decembro de 2010 tras ser elixida polo senado.
No 2013 foi nomeada Vicepresidenta do Tribunal Constitucional. Os seus traballos e publicacións de dereito penal centráronse na corrupción, a problemática do non bis in idem, o dereito procesual, delitos e agresións sexuais desde a perspectiva do terrorismo e a evolución da xurisprudencia constitucional do Tribunal Constitucional de Dereitos Humanos.
Licenciouse en Dereito en 1971, obtivo o Diploma Superior de Criminoloxía na Universidade Complutense de Madrid en 1977 e doutorouse en Dereito en 1981. De 1972 a 1976 exerceu a avogacía en Biscaia. De 1981 a 1985 foi maxistrada suplente na Audiencia Territorial de Biscaia pero finalmente decantouse pola docencia e a investigación.
En 1988 incorporouse á Universidade Pública do País Vasco, de 1988 a 1993 como Profesora Titular de Dereito Penal e desde 1994 como catedrática de Dereito penal. Foi vicedecana da Facultade de Dereito do País Vasco e colaborou co ministerio de Xustiza, con Juan Alberto Belloch como titular, na comisión de expertos para a reforma do Código penal.
O 1 de decembro de 2010 foi elixida polo Senado a proposta do Parlamento Vasco maxistrada do Tribunal Constitucional. En xuño de 2013 foi elixida Vicepresidenta do Tribunal Constitucional. Forma parte da corrente progresista en xudicatura. Aposta polas penas que comporten traballos para a comunidade e considera "anacrónico" o sistema penal.

Fonte da imaxe: https://www.libertaddigital.com/espana/2014-02-15/adela-asua-una-nacionalista-en-el-constitucional-1276510768/ (Foto do Tribunal Constitucional)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas