Rosalía Mera
ROSALIA MERA GOYENECHEA
NADA: 28 de XANEIRO de 1941 (A Coruña)
FORMACIÓN: costureira e empresaria.
DESTACA:
Filla dunha familia moi humilde do barrio coruñés de Monte Alto, aos 11 anos deixou os estudos para facerse costureira. Comezou deseñando roupa de traballo en casa xunto ao seu entón marido, Amancio Ortega Gaona. Chegou a ser considerada pola revista «Forbes» a muller máis rica de España e a terceira maior fortuna do país. Ex esposa de Amancio Ortega, non se resignou a vivir á sombra do seu marido. Foi durante anos a muller máis poderosa do país, a outra mente detrás de Inditex. Da súa man saíron as primeiras batas que desembocarían no éxito da firma téxtil. Hai de feito quen di que ela é a verdadeira nai deste imperio. Creadora da Fundación Paideia, dedicada á integración socio-laboral de discapacitados, e do viveiro de empresas Mans, apoiaba tamén ás mulleres do rural. Foi ademais accionista maioritaria da farmacéutica Zeltia onde investiu parte do seu patrimonio persoal en investigación de biomedicina molecular para o estudo das enfermidades raras. Grazas a este mecenado saíron á luz investigación sobre a enfermidade do Alzheimer. Recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo. Coruñesa do barrio de Matadoiro, faleceu en 2014 aos 69 anos de idade. En maio de 2013 manifestouse en contra da reforma da Lei do Aborto en España promovida polo ministro Alberto Ruiz-Gallardón e tamén en contra das reformas económicas aplicadas como consecuencia da Gran recesión e a Crise española de 2008-2013 para Rosalía "se regateamos no tema da saúde, da infancia, da educación, estamos a facernos un fraquísimo favor".
FONTE: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/03/06/100-gallegas-conoces-deberias/00031520358226883547349.htm
https://es.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_Mera
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.