Rosalía de Castro
ROSALÍA DE CASTRO
Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares galegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía (Follas Novas, Contos da miña terra...) e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro. Rosalía sentiuse allea ao mundo da falsa feminidade no que se move a meirande parte da literatura feminina do seu tempo. O canto á intimidade e aos máis fondos problemas comúns a mulleres e varóns marcan tamén unha disidencia e unha clara posición feminista.
FONTE:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/03/06/100-gallegas-conoces-deberias/00031520358226883547349.htm
https://es.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro
https://es.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro#/media/File:Rosal%C3%ADa_Castro_de_Murgu%C3%ADa_por_Luis_Sellier.jpg
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.