Aleen Isobel Cust
ALEEN ISOBEL CUST
NACEMENTO: Irlanda, 1868
FORMACIÓN: veterinaria
DESTACA:
No 1922 converteuse na primeira médica veterinaria recoñecida polo Royal College of Veterinary Surgeons. Para estudar a carreira veterinaria no New Veterinary College (Reino Unido), ocultou a súa condición feminina matriculándose baixo o nome de A. I. Custance. No 1900 o director do centro entregoulle unha acreditación na que se explicaba que finalizara a súa formación, pero non recibiu o título convencional. Durante toda a súa brillante carreira como veterinaria sufriu discriminación de xénero, aínda que nunca deixou de reivindicar os seus dereitos.
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.