As Xulianas de Bueu
LUÍSA AGULLA DOPAZO. SUBASTADORA.
É a derradeira das Xulianas, é unha das poucas subastadoras de peixe en todo o literal galego e derradeira representante dunha saga feminina de vendedoras na Lonxa e na Praza de Bueu, dende a súa bisavoa “Xuliana”. Apesares de ter pouco formación xa que só foi a escola ata os 12 anos, tivo boas mestras. Antes de ser subastadora estivo traballando como vendedora autónoma en Cangas. Substituíu a súa tía María, axiña se fixo co traballo. Luísa ten gran seguridade nos cálculos mentais e seriedade no seu traballo o que lle fixo gañar o respecto entre as compradoras de peixe, os asentadores e mariñeiros.
Era un traballo no que había que estar atento para que non houbera enganos, e ser mediadora, fixarse ben na xente para que non houbera pufos nos cobros. As condicións laborais eran difíciles e pásase frío, aínda que Luísa non o sentía e levaba pouca roupa e lixeira que lle permitiran mobilidade. Nunca sentiu un trato diferente, gañouse o respecto.
ARDENTIA, Revista Galega de cultura Marítima e Fluvial nº 4
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.