Beatriz Molanes

Beatriz Molanes

BEATRIZ MOLANES. REDEIRA.
Nacida no ano 1966, leva 33 anos traballando como redeira. O vídeo “Puntada invisibles” de FUNDAMAR reflexa o duro traballo das redeiras de O Berbés, premiado nun certame internacional tamén logrou o máximo recoñecemento da Asociación Internacional das Mulleres no Sector da Pesca. No vídeo Bea, puntada a puntada, sen levantar a cabeza dos metros e metros de redes que cose mostra o seu dominio da situación e é a mellor proba dos anos dedicados a reparar os instrumentos do mar. Beatriz, unha redeira do porto de O Berbés, relata os rotos e descosidos dunha profesión en vías de desaparecer e cuxa labor cualifica con gran pesar de "Invisible"e infravalorada.
Segundo ela . "O máis duro é o tempo, ao traballar á intemperie, cando hai mal tempo ou calor", destaca. "Temos unhas posicións moi forzadas porque pasamos moitas horas na mesma postura e iso estanos pasando factura”.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas