Françoise Barré-Sinoussi

Françoise Barré-Sinoussi

FRANÇOISE BARRÉ-SINOUSSI
NACEMENTO: Francia, 1947
FORMACIÓN: bioquímica
DESTACA:
No 1983 publicou na revista Science o descubrimento dun retrovirus, que hoxe coñecemos como o VIH. Este achado fíxolle recibir o premio Nobel de Medicina no 2008 xunto ao seu compañeiro Luc Montaigner.
No 1983 en Francia había 50 casos identificados de sida. Non se coñecía o nivel de epidemia en África. Non se sabía o alcance que ía ter a enfermidade. O traballo de Françoise foi esencial á hora de descubrir, identificar a orixe e aportar tratamento para unha enfermidade tan nova.
Desde fai 30 anos traballa para mellorar as condicións de prevención, coidados e tratamento en países en desenvolvemento. Foi presidente da Sociedade Internacional de SIDA de 2012 a 2014

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas