Clara Shortridge Foltz
CLARA SHORTRIDGE FOLTZ
Clara Shortridge Foltz (16 de xuño de 1849, en Lafayette, Indiana – 2 de setembro de 1934 en Los Angeles, California) foi a primeira muller avogada de Costa Oeste dos Estados Unidos.
Por razón de xénero denegóuselle o acceso ao Hastings College of the Law baixo o argumento que a lei permitía só aos homes brancos ser avogados.
Denunciou esta situación exercendo a propia defensa durante a cal conseguiu a emenda dos termos
“home branco” por “persoa” na lei californiana.
No ano 1878 superou o exame para exercer a profesión de avogada, mediante o cal se converteu na primeira muller de California que se incorporaba a esta profesión.
Destacou por introducir nos Estados Unidos o actual concepto de asistencia letrada ás persoas sen recursos, así como por influír na creación do modelo de liberdade provisional.Fundou o San Diego Daily Bee e publicou escritos, así como ao New American Woman Magazine.
Entre os seus éxitos, hai que resaltar o feito de converterse na primeira muller empregada do Comité Xudicial do Estado e a primeira a postularse para gobernadora de California.
Fonte da imaxe: https://en.wikipedia.org/wiki/Clara_Shortridge_Foltz
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.