María Ascensión Chirivella
MARÍA ASCENSIÓN CHIRIVELLA MARÍN
Ascensión Chirivella Marín naceu en Valencia o 28 de xaneiro de 1.894. Aínda que nun primeiro momento estudou Filosofía e Le-tras e Maxisterio, con brillantes notas, quixo seguir os pases do seu pai e matriculouse na facultade de Dereito conseguindo licen-ciarse en 1.922.
Nese mesmo ano entra a formar parte do Colexio de Avogados de Valencia coa intención de exercer a profesión como o facían os seus compañeiros de promoción, sendo aceptada a súa solicitude a diferenza do que ocorría a outras mulleres que tentaban colexiarse en países como Francia, Bélxica ou Italia.
Especializouse en Dereito Civil e levou a cabo unha activa participación en reunións para reivindicar os dereitos das mulleres, sendo unha gran oradora que defendía elocuentemente os beneficios que para a muller supoñía a II República, na que a muller adquiría dereitos: dereito a voto, dereito a acceder a cargos políticos, dereito ao divorcio, contemplándose o pago de pensións por manutención dos fillos aos homes divorciados, ou o feito de que ás mulleres por ser nais non se lles discriminase na patria po-testade dos fillos, nin en caso de ser viúvas e volverse a casar, a diferenza do contemplado no Código Civil de 1889.
Gran defensora da II República, tras a contenda civil española non tivo máis remedio que exiliarse a México xunto coa súa fami-lia, residindo neste país ata a súa morte, chegando a Veracruz o 1 de xullo de 1939.
Durante o tempo do seu exilio, xunto coa súa parella foron colaboradores da Xunta de Cultura Española, que aglutinaba a moi-tos intelectuais exiliados como consecuencia do triunfo do bando Nacional na guerra do 36
No ano 2012 a “ ASSOCIACIÓ DE JURISTES DOES D' ALZIRA”, pensou en render homenaxe a Ascensión Chirivella Marín, e convo-caron o “ Premi AJUDA á Igualtat, Ascensión Chirivella Marín”, tomándoa como exemplo da xente que traballa con convicción pola igualdade, con independencia de que se lle recoñeza a tarefa.
Fonte da imaxe: https://www.uv.es/uvweb/unidad-cultura-cientifica-innovacion-catedra-divulgacion-ciencia/es/novetats/ascension-chirivella-marin-1285899375231/Novetat.html?id=1286033084689
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.