Paula Usera
PAULA USERA
Nacida en Vigo en 1975, ten 43 anos, estudou Técnico en pesca e transporte marítimo. É patrona de pesca e cabotaxe de litoral. Traballou en barcos recreativos, mercantes, barcos de pasaxe, barcos de pesca deportiva. Ó finalizar os seus estudos como non lle foi fai conseguir traballo no mundo da pesca centrouse en cabotaxe. REDMAR ofreceulle a posibilidade de embarcar no "Oriente" da ría de Vigo, durante unha semana. Nesa semana foi un compañeiro mais, podendo facer unha convivencia normal, se lle ensinou como a calquera novo compañeiro, recolleu redes, clasificou pescado.... O que si di e que non deixa de ser unha profesión dura, independentemente de que sexas home ou muller.
A conciliación non supón un problema para ela e pide «Que nos dean a oportunidade de demostrar que somos igual de capaces que os homes. Necesitamos un voto de confianza».
FONTE: Vídeo de “Mulleres a Bordo” do proxecto REDMAR de FUNDAMAR
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.