Grace Murray Hopper
GRACE MURRAY HOPPER
Tecnóloga. Contraalmirante da Armada de EE. UU. e precursora da linguaxe de computación COBOL.
Grace Murray Hopper, nada en Nova York o 9 de decembro de 1906 e finada no condado de Arlington o 1 de xaneiro de 1992, foi unha científica da computación e militar estadounidense con grao de contraalmirante.Foi unha pioneira no mundo das ciencias da computación e foi a primeira programadora que empregou o Mark I.
Entre as décadas de 1950 e 1960 desenvolveu o primeiro compilador para unha linguaxe de programación e tamén achegou métodos de validación.
Popularizou a idea dunha máquina independente das linguaxes de programación, o que derivou no desenvolvemento de COBOL, unha linguaxe de alto nivel de programación que aínda se emprega.
Hopper intentou alistarse na mariña estadounidense durante a segunda guerra mundial, mais tivo que unirse á reserva da armada porque tiña 34 anos. Era coñecida polas súas amizades como Amazing Grace.
Fonte da imaxe:https://gsas.yale.edu/news/college-renamed-grace-murray-hopper-34-phd
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.