Manuela Barreiro
MANUELA BARREIRO
NACEMENTO: 5 de xullo de 1877 (Viveiro).
FORMACIÓN: farmacéutica
DESTACA:
Foi a primeira licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago e sétima en España, tivo que solicitar permisos especiais ao ministerio para estudar e para exercer. Un ano despois de obter o título, continuou despexando o camiño ao abrir a súa propia botica en Ribadeo, que rexentou até a súa xubilación. Foi tamén a primeira muller galega en conseguir o título de Bacharelato. E tivo que solicitar permiso ao Ministro de Instrución Pública para facer os estudos universitarios e poderse matricular na Universidade, xa que non era posible facelo polo ensino oficial ás mulleres até 1910. Os homes matriculábanse sen ningún problema. Os estudos de Farmacia fíxoos na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela.
Durante a súa vida de boticaria foi unha muller moi bondadosa, humana e moderna, participando e doando vacinas e medicamentos aos máis necesitados. A reseña ou comentario de editorial na revista española A Farmacia Moderna (5 de febreiro de 1897, Tomo VIII, páx. 58), no primeiro curso dos seus estudos universitarios deixa patente a opinión que tiña a sociedade sobre os estudos das mulleres e, máis en concreto, o acceso á universidade para dedicarse ás ciencias naturais:
"Perden o tempo, o diñeiro e algo máis, que sempre constituíu a mellor aureola das damas, as familias que teñen o mal gusto de dedicar as súas fillas ó manexo do bisturí ou aos traballos de laboratorio", indicando tamén o interese e permiso dos pais para facer eses estudos.
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.