Milagros Riveiro Vieira
MILAGROS RIVEIRO VIEIRA.
CLASIFICADORA DA COLLA.
Nacida nos soportais do Berbés, no 1938 de familia ligada ó mar. Cando ten 9 anos falece o seu pai ós 37 anos. Teñen que sobreporse á adversidade. A súa nai é decisiva, son 4 irmáns e, todos empezan de cativos a traballar. Milagros na ribeira secando raias e zapatas en barreños grandes de madeira. Tamén compraban lotes de fígados de bacallau e de sardiña, para obter aceite e vendelo.
Tamén lle tocaba ir a preparar palangres dos barcos que durante o día faenaban polo litoral. Se a pesca fora boa lle pagaban, pero cando non traían pescado, non lles daban nada, traballaban gratis.
Dende o ano 1961 e durante 40 anos Milagros facía a tarefa de clasificación e envasado de peixe, para Casa Molares, co tempo converteuse nunha persoa de confianza da empresa e logo da clasificación facía o reparto dos lotes de pescado que se lles entregaba ós traballadores como parte do xornal.
Libro: Por todos los mares del mundo. EL PRODIGIO DE LA PESCA EN VIGO. Autores: Esperanza Piñeiro de San Miguel y Andrés Gómez Blanco ISBN: 978-84-612-8286-9 Depósito Legal: VG 1030-2009
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.