Lise Meitner
LISE MEITNER
NACEMENTO: Austria, 1878
FORMACIÓN: física
DESTACA:
De orixe xudía doutorouse no 1907 na Universidade de Viena. Tivo que abandonar Alemaña forzada polas leis nazis e uniúse ao persoal de investigación atómica da Universidade de Estocolmo . Investigou a radioactividade e a física nuclear. Ao non estar permitido que as mulleres estudasen na Universidade, realizou toda a súa investigación nun sótano.
Foi a descubridora da fisión nuclear, con todo foi Otto Hahn, o seu compañeiro de laboratorio, quen recibiu o premio Nobel en 1944 por este logro.
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.