Flora de Pablo Dávila

Flora de Pablo Dávila

FLORA DE PABLO DÁVILA
NACEMENTO: Salamanca, 1952
FORMACIÓN: Licenciada en medicina e psicoloxía
DESTACA:
Doutorouse en medicina interna e endocrinoloxía pola Universidade de Salamanca para facer logo un postdoutoramento nos Estado Unidos. Traballou como investigadora no Centro de Investigacións Biolóxicas do CSIC e foi directora do Instituto de Saúde Carlos III. Foi unha das fundadoras da asociación de mulleres investigadoras e técnicas da que foi a súa presidenta (2001-2007). Manifesta a súa preocupación pola falta de recoñecemento das mulleres no ámbito científico e tecnolóxica.
A súa investigación estivo sempre relacionada coa bioloxía celular e molecular, insulina e factores de crecemento. O grupo que dirixe estudou a influencia da insulina no desenvolvemento do sistema nervioso central. Recentemente intentan relacionar os seus estudos biomédicos con procesos de dexeneración retiniana e a enfermidade de Alzheimer.
Entre os premios acadados destacar: VIII Premio de divulgación feminista Carmen de Burgos, polo artigo “Muller e ciencia dende a Europa do Sur” no 2001. Premiada na XIV Edición dos premios Ana Tutor no 2013 entre outos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas