Alicia Herrera Rivera
ALICIA HERRERA RIVERA
Alicia Herrera Rivera ( Valparaíso, Chile 12 de maio de 1928 - Santiago de Chile, 6 de abril de 2013) foi unha avogada feminista, ministra da Corte de Apelacións de Santiago de Chile.
Obtivo o seu primeiro nomeamento como xuíza do traballo na Serena. Segundo conta nas súas memorias, tivo uns inicios moi difíciles xa que a súa designación non foi moi ben acollida por ser unha muller e ademais nova. Aos poucos foi gañándose á xente, aprendendo o exercicio da súa profesión e resolvendo cun enorme traballo de documentación previo. Ao cabo dos cinco anos que estivo na Serena, di Alicia Herrera que chegou a comprender o porqué a xudicatura non é elixida polo pobo, para non interferir no principio de igualdade ante a lei e nas resolucións xudiciais.
Na década dos setenta, tras o golpe de estado de Pinochet, exiliouse en Europa, onde loitou contra a ditadura chilena e creou equipos de apoio xurídico aos presos, logrando verdadeiros éxitos.
Participou na creación da Comisión de Investigación de Malos Tratos a Mulleres, ONG que se constituíu en 1983, En 1987 creou, en colaboración cun grupo de letradas, a Asociación de Mulleres Xuristas Themis. A finalidade da asociación era a denuncia da indefensión das mulleres e a reivindicación da súa tutela xudicial efectiva. Herrera foi elixida primeira presidenta de Themis. Relataba como as dificultades para loitar contra os malos tratos e a “acumulación de impotencia ao ver como as autoridades non facían nada fronte ao tema” transformáronse “nunha inxección constante de enerxía para seguir adiante”.
Fonte da imaxe: https://elpais.com/sociedad/2013/04/22/actualidad/1366661904_463692.html
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.