Heroínas de Sálvora

Heroínas de Sálvora

HEROÍNAS DE SÁLVORA
Cipriana Crujeiras, Josefa Parada, Cipriana Oujo Maneiro e María Fernández Oujo son para a maior parte das barbanceses persoas anónimas, como tantas outras que viven ou viviron na comarca. Catro mulleres que fixeron historia cando, en pleno inverno do ano 1921, o 31 de decembro, decidiron desafiar a un mar revolto e capitanearon o rescate dos náufragos do buque correo Santa Isabel , que se afundiu nas inmediacións da illa de Sálvora. A pesar de que o seu labor foi recoñecida a nivel nacional e valeulle a Ribeira para facerse co título de Moi Nobre, Moi Leal e Moi Humanitaria Cidade, a terra que as viu nacer aínda ten con elas unha débeda pendente: garantir que a súa fazaña se perpetúe mediante un monumento, unha rúa ou unha praza na súa honra.
A casualidade quixo que esa noite houbese apenas 25 persoas na illa. A dorna tripulada polas mulleres realizou varias viaxes entre o punto no que se estaba afundindo o buque correo e a illa. A valentía das aldeás propiciou que medio centenar de náufragos salvasen a súa vida agarrándose aos costados da embarcación.

FONTE:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/03/06/100-gallegas-conoces-deberias/00031520358226883547349.htm
http://www.heroinas.net/2014/04/heroinas-de-salvora.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas