Nadia María Calviño
NADIA MARIA CALVIÑO SANTAMARIA
NADA: 3 de outubro de 1968 (A Coruña)
FORMACIÓN: economista
DESTACA:
Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense e en Dereito pola UNED. Fala 4 idiomas: Inglés, Francés, Alemán e Español. Na administración española, exerceu de directora xeral da Comisión Nacional da Competencia. Pertence ao Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado.
Tras máis dunha década traballando no Ministerio de Economía español, pasou á Comisión Europea en 2006. Alí ocupou os postos de directora xeral adxunta na Dirección Xeral de Competencia e de directora xeral adxunta na Dirección Xeral de Mercado Interior ademais de directora xeral adxunta no departamento de Servizos financeiros. Desde 2014 foi directora xeral de Orzamentos, baixo o mando do comisario europeo alemán Günther Oettinger. Exerceu como profesora na Universidade Complutense. Pertence ao corpo de funcionarios de institucións europeas.
Calviño foi elixida por Pedro Sánchez para formar parte do seu novo goberno, tras a moción de censura que o PSOE presentou contra o anterior goberno de Mariano Rajoy (PP) e que foi aprobada polo Congreso dos Deputados o 1 de xuño de 2018. Así, o 7 de xuño tomou posesión como ministra de Economía e Empresa.
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.