Edith Clarke

Edith Clarke

EDITH CLARKE

Tecnóloga.

(Howard, 10 de febreiro de 1883 – Maryland, 29 de outubro de 1959) foi a primeira enxeñeira eléctrica estadounidense e a primeira profesora de enxeñería eléctrica na Universidade de Texas en Austin (Estados Unidos). Primeira muller enxeñeira eléctrica polo MIT.
Especializouse en análise de sistemas de enerxía eléctrica e escribiu o manual Circuit Analysis of A- C Power Systems.
Incapaz de atopar traballo como enxeñeira, empezou a traballar para General Electric como supervisora de computadores no Departamento de Enxeñería da Turbina. No seu tempo libre, inventou a 'calculadora Clarke', un sinxelo dispositivo gráfico que resolvía ecuacións implicando corrente eléctrica, voltaxe e impedancia en liñas de transmisión de enerxía. O aparello solucionaba ecuacións lineais que implican funcións hiperbólicas dez veces máis rápido que métodos anteriores.
Clarke presentou unha solicitude de patente para a calculadora en 1921 que lle foi concedida en 1925.
Foi a primeira mulleren presentar unha ponencia no American Institute of Electronic Engineers (AIEE).
Dixo: “Non hai demanda de enxeñeiros mulleres... pero sempre haberá demanda para calquera persoa que poda facer ben o seu traballo”.

Fonte da imaxe:https://mujeresconciencia.com/2015/02/10/edith-clarke-ingeniera-electronica/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas