Concepción Arenal
CONCEPCIÓN ARENAL
María Concepción Jesusa Petra Vicenta Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893, foi unha diplomada en Dereito, xornalista, poeta, autora dramática e de zarzuela.
Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española. Era filla dun militar liberal orixinario de La Montaña cántabra, Ángel del Arenal, e de Concepción Ponte Tenreiro, de ascendencia aristocrática galega. A súa infancia estivo marcada pola persecución, represión e desterro que sufriu o seu pai a causa das súas ideas liberais, e pola súa morte prematura a consecuencia delas.
É bastante probable que asistise á Universidade disfrazada de home, ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. Foi nomeada "visitadora de prisións de mulleres" en 1863, posto que foi suprimido definitivamente dez anos despois.
Na Coruña trabou unha grande amizade con Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina. Concepción Arenal asistía ao parladoiro que organizaba a condesa na súa casa da rúa Real e as dúas promoveron unha asociación para visitar as mulleres presas chamada das "Magdalenas". Concepción Arenal escribía cartas dirixidas ás reclusas nas que explicaba o contido do Código penal daquela vixente (o de 1850) e comentaba algúns artigos, especialmente os que facían referencia a delitos cometidos por mulleres.
Con Concepción Arenal naceu o feminismo en España, pois dende nova loitou por romper os canons
establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais para a muller.
Morreu o 4 de febreiro de 1893 en Vigo e foi inhumada no Cemiterio de Picacho. Os seus restos foron trasladados en 1912 ao cemiterio de Pereiró.[1] No seu epitafio o lema que a acompañou durante toda a súa vida: Á virtude, a unha vida, á ciencia.
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.