Amesia Sentia

Amesia Sentia

AMESIA SENTIA
Na Roma republicana considerábase a avogacía como unha actividade propia dos homes. Son números os nomes de grandes avogados romanos, pero aínda así o exercicio desta profesión non estivo, polo menos nesa época, prohibido ás mulleres. Algunhas delas interviñeron ante os tribunais en casos que, pola súa notoriedade, fixéronas soadas. Con todo deberon ser casos excepcionais, dos que nos quedan moi poucos testemuños. O autor Valerio Máximo fálanos de tres mulleres romanas que actuaron nos tribunais no século I a. C. en circunstancias diferentes:
A primeira foi Amesia Sentia, que no año 77 A.C. aproximadamente, foi xulgada non se sabe ben por que delito, aínda que os cargos na súa contra deberon ser moi graves para que o caso alcanzase esta notoriedade e congregase a un gran número de espectadores. Tampouco sabemos porque tivo que defenderse a si mesma, no canto de que a representase un avogado de profesión. No seu defensa Amesia deu mostras de gran habilidade, xa que non soamente foi absolta case por unanimidade senón que ademais gañouse o alcume (en grego) de “ Androgynes”, é dicir, de mestura de home e muller.
Fonte da imaxe: https://arraonaromana.blogspot.com/2017/12/abogadas-de-roma.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas