Carmela Arias


CARMELA ARIAS E DÍAZ DE RABAGO
NACEMIENTO: 20 de novembro de 1920 (A Coruña).
FORMACIÓN: empresaria e mecenas
DESTACA: Primeira muller en España que accedeu á Presidencia do Consello de Administración dun BANCO.
Casou co banqueiro Pedro Barrié da Maza, En febreiro de 1970 foi nomeada polo Consello de Administración do Banco Pastor vicepresidenta e cando faleceu o seu marido, pasou a ocupar a presidencia desta entidade, a da Fundación Pedro Barrié da Maza e a de Gas Madrid, así como a vicepresidencia de Forzas Eléctricas do Noroeste (Fenosa). Dende ese momento, a súa labor encamiñase a perpetuar o legado do seu esposo nas súas dúas vertentes: a empresarial e a de mecenado.
A través da Fundación Pedro Barrié da Maza fixo importantes contribucións ao progreso de Galicia no eido da educación, a investigación, a cultura e os servizos sociais. Os maiores investimentos dedicáronse á construción e equipamento de edificios docentes, destacando as Escolas de Arquitectura Técnica e Superior da Coruña e a de Enxeñeiros Industriais de Vigo.
Destacan as grandes cruces da Orde de Isabel a Católica, da Orde Civil de Beneficencia, e da Orde do Mérito Militar, a Medalla Castelao da Xunta de Galicia, o Doutoramento honoris causa pola Universidade da Coruña, a Medalla de Honra da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, a Insignia de Ouro da Cruz Vermella e as Medallas de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela, a do Mérito Turístico e a da Asociación Española de Loita contra o Cancro. Con ocasión da celebración en Galicia do Encontro Internacional da Asociación Española de Fundacións, que tivo lugar en xullo de 2004, dita institución concedeu á condesa de Fenosa a súa segunda Medalla de Honra, a primeira foi outorgada a S. M. o rei don Juan Carlos.

FONTES: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/03/06/100-gallegas-conoces-deberias/00031520358226883547349.htm. http://www.expansion.com/2009/10/27/empresas/banca/1256635944.html
http://dbe.rah.es/biografias/80105/carmela-arias-y-diaz-de-rabago

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas