Margaret Heafield Hamilton
MARGARET HEAFIELD HAMILTON
Tecnóloga.
Dirixiu desde o MIT o equipo que desenvolveu o software de navegación do Programa Espacial Apolo.
Margaret Hamilton naceu o 17 de agosto de 1936 en Paoli, Indiana. Hamilton gradouse na Escola Preparatoria Hancock en 1954 e conseguiu un B.A. en Matemáticas do Earlham College en 1958. Mudouse a Massachusetts coa intención de facer estudos de postgrao en Brandeis, pero en lugar diso tomou un posto no MIT como desarrolladora de software.
Logrou ter éxito nun mundo de homes nunha época, os 60, en que a brecha entre xéneros era enorme. O seu código levou ao home á Lúa. Dirixiu desde o MIT o equipo que desenvolveu o software de navegación do Programa Espacial Apolo. É que Hamilton chegou a estar a cargo da dirección e supervisión do software das misións Apolo.
As imaxes que coñecemos do primeiro home na lúa non sucederían de non ser por Hamilton e o seu equipo, que minutos antes da aluaxe solucionaron un erro que o podería previr.
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.