Donna Strickland
DONNA THEO STRICKLAND
NACEMENTO: Canadá, 1959
FORMACIÓN: enxeñeira física
DESTACA:
No 2018 a Real Academia das Ciencias de Suecia concedeu o Premio Nobel de Física a Donna Strickland polas súas "rompedoras invencións no campo da física do láser”. Desde 1901 só tres dos 201 científicos laureados co Nobel de Física (o 1,5%) foron mulleres. Donna converteuse na terceira muller tras Marie Curie no 1903, polos seus estudos sobre a radiación, e a estadounidense de orixe alemá Maria Goeppert-Mayer no 1963, polas súas investigacións sobre a estrutura interna do núcleo dos átomos. Dirixe un grupo de investigación no campo da óptica o que lle valeu para converterse en membro e presidenta da Sociedade Óptica Estadounidense no 2011.
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.