Mari Quintero
MARY QUINTERO
NADA: 28 de XANEIRO de 1931. (Melide, Lugo).
FORMACIÓN: fotógrafa.
DESTACA:
Naceu nunha familia de fotógrafos que tiñan un estudio en Lugo. Apoiada polo seu pai fixo a súa primeira exposición, no 1947, na que asinou co seu nome. Foi o seu pai quen lle abriu un estudo independente en Lugo. Aprendeu o seu oficio sen libros e só da súa cabeza saíu a técnica que a diferenza, a aplicación da cor transparente engadindo técnicas de pintura á fotografía. Fíxose retratista das mulleres distinguidas da sociedade viguesa no 1952 grazas a muller dun cónsul de Vigo. A partires de esta época converteríase nunha reputada fotógrafa, aínda que sempre acompañada polo seu pai ata que casou. Co tempo abriu o seu estudo propio en Vigo para o que tivo que asinar o seu pai o contrato xa que a ela non llo alugaban, eran outros tempos para as mulleres. “Ía a congresos de tres días eu soa, o resto eran todo homes e agora vexo a tantas". Comezou a facer traballar nas vodas e nas posta de longo.Recibiu o premio Empresarias de Galicia.
Editou un libro no que recupera case sete décadas de retratos fotográficos a preto de catro xeracións de vigueses. Co título Retratista desde vos 15 anos, mostra imaxes do seu arquivo, acompañadas por texto de Fernanda Padín. A obra, publicada por Xerais, dá testemuño dunha vida dedica á súa profesión.
FONTE: http://www.atlantico.net/articulo/vigo/mary-quintero-fotografa-trabajo-fantastico-mujer/20171024224512614315.html E https://blog.xerais.gal/2015/mary-quintero-o-meu-pai-tina-unha-mentalidade-moi-aberta-porque-en-1947-xa-quixo-que-eu-asinase-co-meu-nome-e-abriume-un-estudio-independente/
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.