Concha Vázquez Ferreiro

Concha Vázquez Ferreiro

CONCHA VÁZQUEZ FERREIRO. PESCANTINA
Concepción Vázquez Concha, naceu en xaneiro de 1935 no interior da parroquia de Coruxo de Vigo, a uns quilómetros da costa. A súa familia tiña agricultura como medio complementario para a súa economía. O seu pai Bernardo Vázquez era canteiro.
Cásase no 1957 con Olegario Alonso mariñeiro. Van vivir a vivir na vella casa natal de Olegario coa nai deste. Concha tivo que sacar a familia adiante con fillos moi seguidos para criar, atender a tía de Olegario encamada e a súa sogra. Tódolos días ía andando sobre unha hora ata Samíl e alí collía o autobús ás 5 da mañá, par ir vender o pescado traído polo seu marido o día anterior, na Lonxa do Berbés. O mesmo tempo encargábase de despachar os papeis do barco na Comandancia, e de comprar todo o necesario para o barco e para a casa. Moitas molladuras collidas e nin sequera tomaban un café porque era unha vergoña que as mulleres entrasen nun bar. E así durante 18 anos.

FONTE:
Libro: Por todos los mares del mundo. EL PRODIGIO DE LA PESCA EN VIGO. Autores: Esperanza Piñeiro de San Miguel y Andrés Gómez Blanco ISBN: 978-84-612-8286-9 Depósito Legal: VG 1030-2009

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas