Mª de los Ángeles Alvariño González
ÁNGELES ALVARIÑO. CIENTÍFICA
Primeira muller científica nun buque británico. Esta ferrolá tiña 37 anos cando en 1953 subiuse a un navío británico determinada a indagar sobre o zooplancton e as larvas dos peixes -o franquismo non lle permitía facelo en buques de investigación españois-. Curiosísima e licenciada en Ciencias Naturais, a exploradora dos océanos, nacida en Serantes en 1916, converteuse así na primeira muller que acompañou aos ingleses en calidade de científica. De aí, puxo rumbo a Massachusetts cunha bolsa Fullbright; logo, a California. Ao longo de toda a súa carreira, achou en total 22 novas especies.
A partir de 1976, recibiu numerosos nomeamentos académicos de universidades como a Universidade de San Diego, o Instituto Politécnico Nacional de México, a Universidade Federal de Panamá ou a Universidade Nacional Autónoma de México.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/03/06/100-gallegas-conoces-deberias/00031520358226883547349.htm https://es.wikipedia.org/wiki/%C3%81ngeles_Alvari%C3%B1o
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.