Marta Vieira dá Silva


MARTA VIEIRA DA SILVA 
Marta Vieira dá Silva é unha futbolista brasileira que xoga como dianteira, actualmente no Orlando Pride da National Women’ s Soccer League dos Estados Unidos. Aos seus 27 anos pode presumir de ser a única xogadora do mundo con 5 Balóns de Ouro e o premio The Best FIFA outorgado no ano 2018. Tamén é a máxima goleadora histórica da selección Brasileira e da Copa Mundial Feminina con 15 goles. 
Naceu en Brasil, Dois Riachos o 19 de febreiro de 1986, e non puido ir á escola ata os 9 anos debido a que os seus pais separáronse cando ela non contaba nin cun ano de idade, e a súa nai traballaba todo o día para manter a ela e aos seus tres irmáns, aínda que sempre ía máis adiantada que os seus compañeiros, polo que se podería dicir que ela mesma aprendeu a escribir e ler. 
Pero cando fala dos seus logros, Marta destaca un que non conseguiu sobre o céspede. En 2010 a ONU nomeouna embaixadora de Boa Vontade, un cargo que só teñen 8 persoas no mundo. E ela é a única con dúas funcións: traballar para diminuír a pobreza e pola autonomía feminina. 
"Este premio foi un dos máis importantes da miña vida porque uso a miña historia como exemplo para axudar a outras persoas para pensar nun futuro mellor", afirma. 
E aínda que a carreira profesional de Marta está infestada de éxitos, a futbolista aínda ten unha espiña cravada: "Eu vou soñar sempre con conquistar un Mundial coa selección brasileira ou unha medalla de ouro. Estivemos moi preto diso nas últimas competicións e gustaríame moito ter a oportunidade de pechar a miña carreira cun ouro para Brasil". 
Polo momento, o traballo continúa "ata o día que senta que o corpo funciona ben e dá unha resposta no campo".
Fonte da imaxe:
https://thesefootballtimes.co/2016/07/11/the-greatness-of-marta-in-a-still-sexist-game/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas