Rosalind Franklin


Rosalind Franklin

ROSALIND ELSIE FRANKLIN
NACEMENTO: Inglaterra, 1920
FORMACIÓN: Química e cristalógrafa
DESTACA:
Rosalind Franklin traballou no campo do ADN e foi responsable de importantes contribucións á comprensión da estrutura do ADN, do ARN, dos virus, do carbón e do grafito. Entre os seus descubrimentos atópase a fotografía 51: a mostra nítida da estrutura de dobre hélice do ADN. Con todo, os seus logros atribuíronse aos seus compañeiros James Watson, Francis Crick e Maurice Wilkings, aos que se lles outorgou o premio Nobel de Medicina en 1962, catro anos logo da morte de Rosalind.
Morreu de cancro de ovarios aos 37 anos polas longas exposicións á radiación.
O seu traballo sobre a estrutura molecular dos virus continuouno o seu colega Aaron Klug, que tamén gañou o premio Nobel (esta vez de Química) en 1982.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas