Carol Shaw

Carol Shaw

CAROL SHAW

Tecnóloga.

É unha enxeñeira e informática estadounidense coñecida por ser a primeira muller deseñadora de
videoxogos.
O seu interese pola informática e en concreto polo deseño de videoxogos comezou mentres realizaba  os seus estudos de secundaria, ao descubrir que se podía utilizar o computador para xogar.
Antes de finalizar os seus estudos, a empresa Atari recrutouna para traballar como deseñadora de videoxogos, oficialmente desempeñando o labor de Enxeñeira microprocesadora de software, converténdose dese modo na primeira muller deseñadora de videoxogos polos seus traballos no xogo de Polo, en 1978.
En 1984, tras deseñar Happy Trails para o Intellivision e River Raid para o Atari 800 e Atari 5200, Carol Shaw deixou a empresa e volveu traballar para Tándem ata 1990, ano no que decidiu xubilarse para iniciar unha nova etapa como voluntaria en diferentes organizacións.

Fonte da imaxe: http://www.tech-heroines.org/2017/09/carol-shaw.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas