Carol Greider
CAROL GREIDER
NACEMENTO: EEUU, 1961
FORMACIÓN: Bióloga
DESTACA:
Descubridora da telomerasa, unha enzima que forma os telómeros durante a duplicación do ADN. Recibiu xunto con Elizabeth Blackburn e Jack Szostak en 2009 o Premio Nobel de Medicina. Malia ter unha infancia marcada polo falecemento da súa nai e a súa dislexia conseguiu licenciarse en bioloxía e realizar a seu doutoramento xunto a Elizabeth Blackburn. Dende 1997 traballa no departamento de Bioloxía Molecular e Xenética da Universidade Johns Hopkins. Está casada e ten dous fillos, pensa que: "Ter dous fillos e un traballo a tempo completo no laboratorio é todo un reto”. O laboratorio onde traballa sabe que é nai en primeiro lugar e permítelle compaxinar carreira e familia. Asegura que o máis importante é atopar o tempo para facer as cousas, xa que non é o tempo no traballo senón a productividade global o que conta.
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.