Betty Friedan

Betty Friedan

BETTY FRIEDAN 
Betty Naomi Goldstein (Peoria, Illinois, 4/2/1921– Washington D. C., 4/2/2006). Foi unha teórica e líder clave feminista estadounidense das décadas dos 60 e 70. Formada en psicoloxía social en 1963 escribiu A mística da feminidade un libro clave na historia do pensamento feminista e considerado como un dos libros de non ficción máis influentes do S. XX do que se vendeu máis de tres millóns de copias no 2000. No libro exponse a visión das mulleres como seres psíquicos que configuran a súa identidade individual, fronte a determinados estereotipos ca sociedade estadounidense da posguerra relegaban á muller o seu papel de esposas e nais alleas a todo o que ocorre fora do fogar. A súa obra avanzou problemas e campos clave para o feminismo. Foi cofundadora e presidenta en 1966 de NOW, (Organización Nacional de Mulleres) pioneira no movemento de mulleres. Nos 70, traballou en diversas loitas para a aprobación das leis sobre o aborto, o traballo feminino e sobre os dereitos das mulleres en xeral. En 1981 publicou outro dos seus libros clave para o feminismo: A segunda fase.
FONTE: https://es.wikipedia.org/wiki/Betty_Friedan E https://www.britannica.com/biography/Betty-Friedan

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas