Artemisia Gentileschi
ARTEMISIA GENTILESCHI
Artemisia Lomi Gentileschi, nada en Roma o 8 de xullo de 1597, e finada en Nápoles contra o 1654, foi unha pintora barroca italiana, representante do caravaggismo. Unha das tres pintoras que ten unha obra exposta no Museo do Prado.
OBRA FUERA:
SUFRIMENTO: Aos dezanove anos, o seu pai púxolle un mestre, Agostino Tassi que a violou prometéndolle salvar a súa reputación casándose con ela, cousa que non fixo por estar xa casado. O seu pai denunciou o feito ante o tribunal papal. Do proceso que seguiu consérvase toda a documentación, que impresiona pola crueza do relato de Artemisia e polos métodos do tribunal xa que, a pesar de ser violada, o xuízo parecía máis contra ela que contra o violador: Artemisia non só foi sometida a un humillante exame xinecolóxico senón que foi torturada para "comprobar" se dicía a verdade. Finalmente Tassi foi condenado a un ano de prisión e ao exilio dos Estados Pontificios. Quizais froito desa experiencia sexa unha das súas máis famosas obras: Judith decapitando a Holofernes ( h1613).
OBRA FUERA:
OBRA | |
“JUDIT DECAPITANDO A HOLOFERNES” | “VENUS DURMIENTE” |
Fontes das imaxes:
https://es.wikipedia.org/wiki/Artemisia_Gentileschi
https://www.antrophistoria.com/2016/11/artemisia-lomi-gentileschi-una-pintora.html
https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Artemisia_Gentileschi_-_Sleeping_Venus.JPG
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.