Alicia C. Estévez

Alicia C. Estévez

ALICIA C. ESTÉVEZ TORANZO
Unha das primeiras mulleres da Real Academia Galega de Ciencias. Nacida en Pontevedra o 20 de novembro de 1955, é microbióloga española. O seu pai era funcionario e a súa nai, licenciada en Maxisterio. A súa irmá é catedrática de Análise Matemática na Universidade de Vigo. En 1977 licenciouse en Bioloxía, e en 1979 en Farmacia. Desde 1991 é catedrática de Microbioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Bioloxía (1980).
Desenvolveu a súa actividade postdoctoral nas universidades norteamericanas de Maryland e Oregon, durante dous anos, grazas a unha bolsa outorgada polo Ministerio de Educación e Ciencia e a Fundación Juan March. Codirectora do grupo de Patoloxía en Acuicultura da USC, un dos principais grupos de referencia competitiva de Galicia, esta catedrática de Microbioloxía e licenciada en Farmacia promoveu unha decena de patentes de vacinas que preveñen enfermidades en peixes de consumo diario.

FONTE:
https://es.wikipedia.org/wiki/Alicia_Est%C3%A9vez_Toranzo https://es.wikipedia.org/wiki/Alicia_Est%C3%A9vez_Toranzo#/media/File:Alicia_Carolina_Estevez_Toranzo.jpg

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas