Clara Campoamor

Clara Campoamor

CLARA CAMPOAMOR
Naceu en Madrid o 12 de febreiro de 1882 e morreu en Lausana o 30 de abril de 1972.
Clara Campoamor foi unha importante activista política defensora dos dereitos das mulleres e impulsora do dereito ao voto feminino durante a Segunda República.
Naceu no seno dunha familia madrileña. Seu pai foi contable nun xornal e súa nai era costureira. Despois de desempeñarse en varios oficios entrou a traballar no xornal maurista “La Tribuna”, onde coñeceu xente e comezou a interesarse pola política. Aos 36 anos convértese nunha das poucas avogadas españolas. Pouco despois as súas ideas sobre a igualdade das mulleres acércana aos partidos de esquerdas.
Republicana e membro do Partido Radical, en 1931 obtivo un escano como deputada por Madrid. Na súa actividade política destacou pola participación na comisión encargada de redactar o proxecto da Constitución, onde traballou e defendeu con fervor a inclusión da igualdade dos dereitos electorais do home e da muller e conseguiu a introdución do sufraxio feminino la Constitución Republicana de 1931 (artigo 36). Na súa constancia pola reivindicación da defensa do voto feminino, mantívose fiel aos seus principios e abandonou o partido.
No ano 1935 escribiu a súa obra máis importante, El voto femenino y yo: mi pecado mortal, que reflexa o testemuña das súas loitas parlamentarias.
Unha vez iniciada a guerra exiliouse en Francia, onde escribiu La revolución española vista por una republicana (1937), despois en Arxentina e finalmente, en Suiza, onde morreu. Nunca volveu a España, onde lle esperaba a cárcere.
Fonte da imaxe: http://dbe.rah.es/biografias/10216/clara-campoamor-rodriguez

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas