Frances E. Allen

Frances E. Allen

FRANCES ELIZABETH ALLEN

Tecnóloga.

A primeira gañadora do Turing (Premio Nobel da computación) foi especialista en mellorar o rendemento de programas informáticos.
É unha informática estadounidense e pioneira no campo de optimizar compiladores. Os seus logros inclúen traballo en compiladores, optimización de código, e computación paralela. Tamén tivo un rol importante na creación de linguaxes de programación e códigos de seguridade para a Axencia de Seguridade Nacional Americana.
Allen converteuse na primeira socia de IBM en 1989.
En 1997, Allen foi incorporada ao Salón da Fama das Mulleres na Tecnoloxía. Retirouse de IBM en 2002 e gañou o Premio Augusta Ada Lovelace ese ano da Asociación para Mulleres Informáticas.
No ano 2.006 recibiu o Premio Turing, converténdose na primeira muller en gañar o premio en corenta anos de historia, o cal está considerado o equivalente do Premio Nobel para computar e é outorgado pola Asociación dos Sistemas Informáticos.

Fonte da imaxe: https://www.berkeley.edu/news/berkeleyan/2008/01/23_allen.shtml

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas