Clara González de Behringer
Clara González de Behringer |
CLARA GONZÁLEZ DE BEHRINGER
Clara González de Behringer (11 de setembro de 1900; Remedios, departamento de Panamá, Colombia - 11 de febreiro de 1991; cidade de Panamá) foi unha avogada, política e educadora panameña. Foi a primeira muller do seu país en obter unha licenciatura en Dereito. Foi a primeira xuíza do Tribunal Tutelar de Menores creado en 1951. Feminista convencida creou o Partido nacional feminista en 1923 e a Escola de Cultura Feminina en 1924.
En 1922 xunto a Sara Sotillo, Enriqueta Morais, Sara Barreira, Rosa Navas, Elida Campodónico de Crespo formou un movemento feminista denominado Renovación co obxectivo de lograr unha maior participación das mulleres na vida pública así como o dereito de voto feminino. En 1924 o movemento plasmouse nun partido político chamado Partido Nacional Feminista.
Creou tamén a Escola de Cultura Feminina (1923-1930), onde tanto outras feministas como ela daban clases de política, historia, civismo e outras materias de interese para o desenvolvemento profesional e social das mulleres.
En 1929 obtivo un doutoramento en Dereito pola Universidade de Nova York sendo a primeira muller latinoamericana en conseguilo.
O 30 de decembro de 1944 fundou un novo partido: Partido Unión Nacional de Mulleres. Foi candidata a deputada polo Partido Liberal Renovador. Entre 1945 e 1946 exerceu os cargos de viceministra de Traballo, Previsión Social e Saúde Pública. Ese último ano logrou, ao fin, un recoñecemento parcial do dereito de voto para as mulleres e unha mellora na igualdade de dereitos políticos. En 1948 converteuse na primeira candidata á vicepresidencia da República polo Partido Renovador.
En 1951 creouse o Tribunal Tutelar de Menores e pouco despois converteuse na primeira muller en acceder ao cargo de Xuíza de Menores. Permanecería nel ata 1964, ano nel retirouse da vida pública.
Fonte da imaxe: http://barbarabloise.com/clara-gonzalez-fue-la-primera-mujer-abogada-en-panama/
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.