Christabel Harriette Pankhurst
CHRISTABEL HARRIETTE PANKHURST
Dáme Christabel Harriette Pankhurst, naceu en Manchester o día 22 de setembro de 1880 e faleceu aos 77 anos (sen razón aparente de morte), o 13 de febreiro de 1958 nos Ánxeles.
Foi unha sufraxista e activista política inglesa, das consideradas como “suffragettes” (designación despectiva que a comezos do século XX dábaselle á muller que reivindicaba o dereito a voto das mulleres). Foi cofundadora da Women' s Social and Political Union ( WSPU) e dirixiu accións militantes desde o exilio en Francia de 1912 a 1913. En 1914 apoiou a guerra contra Alemaña.
En 1905 Christabel Pankhurst interrompeu unha reunión do Partido Liberal reclamando o dereito da muller ao voto. Foi arrestada xunto coa súa compañeira sufraxista Annie Kenney. O seu arresto xerou interese nos medios, e a súa nai Emmeline empezou a incentivar con máis forza o sufraxismo a raíz do encarceramento da súa filla.
Despois de obter un grao en leis en 1906, Christabel trasladouse á sede da Unión Social e Política das Mulleres en Londres, onde adoptou o pseudónimo "Queen of the Mob". Foi arrestada novamente en 1907 e en 1909.
Entre 1913 e 1914 viviu en París, Francia. Regresou a Inglaterra en 1914 fuxindo da primeira guerra mundial, e alí foi arrestada novamente. Pankhurst iniciou unha folga de fame, coa que pagou só 30 días dunha condena de 3 anos. Ao saír de prisión escribiu o libro The Great Scourge and How to End It. Nos anos seguintes continuou traballando incansablemente polos dereitos da muller, logrando progresos significativos.
Abandonou Inglaterra en 1921, e trasladouse aos Estados Unidos onde exerceu como evanxelista. Regresou ao Reino Unido onde foi incluída na Orde do Imperio Británico en 1936. Coa chegada da segunda guerra mundial, Christabel retornou a Norteamérica, para vivir nos Ánxeles, California.
Fonte da imaxe: https://www.wikitree.com/photo/jpg/Pankhurst-179
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.