Esther Núñez
ESTHER NÚÑEZ. TRABALLADORA DA CONSERVA
Nacida o 3 de febreiro do ano 1931, en Lordelo (O Grove) . Tataraneta de emigrados cataláns propietarios da Salazón da Barcela, en San Vicente. A súa bisavoa herdou 12 dornas cos seus aparellos, pero como o seu marido era home de labranza, venderon as dornas para comprar terras. Filla dun electricista convertido a mariñeiro, foi a escola de O Con ata os 10 anos. Ós trece foi para a fábrica de Rons, a de Alain Thenaisie onde tamén traballou o seu avó. Facía de axudanta, ía a descargar peixe e marisco con caixas na cabeza.
Logo cambiou para a fábrica de Escudero “Conservas Yago” porque gañaba algo máis, e alí estivo dende 1945 ata 1970 pasando por tódolos postos da fábrica. Tras 25 anos traballados o seu soldo pasou a 200 pesetas, nese tempo viu evolucionar ó sector pesqueiro con maquinaria nova e pasando de caixas de madeira a caixa de cartóns. Tamén traballou na seca, domingos e sábados, cando non había traballo, calcetaba cobrando por elo, fixo colares de cunchas…
FONTE: Revista ARDENTÍA. Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial. Nº 2
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.