Rita Míguez
RITA MÍGUEZ, PRESIDENTA DE ANMUPESCA.
Rita Míguez (Cesantes, Redondela, 1973) Mariscadora e presidenta de ANMUPESCA, ten un discurso poderoso e sen titubeos. Exprésase coa determinación dun político pero non se lle aprecia o dobrez. Ás veces parece a voz do mar, para ela "o mar, non é de todos, é de quen o coida e o traballa".
Rita Míguez preside a Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca) desde que se creou hai algo máis de dous anos impulsada pola patronal pesqueira española Cepesca, un cargo que compaxina co de patroa maior de Arcade. A organización agrupa xa a 30 entidades de Galicia, Andalucía, Comunidade Valenciana, Asturias, Cantabria e Madrid (que suman case 15.000 mulleres) mentres que nos seus inicios integrábana 12 agrupacións. Dar visibilidade á muller, o que aportan á sociedade e o sector, nun sector tradicionalmente dominado polos homes é o principal obxectivo de Anmupesca. Ademais por loitar polo recoñecemento de enfermidades profesionais, melloras laborais.
FONTE:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2018/12/18/deben-realizarse-estudios-sobre-aportacion-mujer-sector-pesquero/0003_201812B18C8991.htm https://www.farodevigo.es/mar/2018/09/16/rita-miguez-profesionalizamos-sector-hay/1962490.html
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.