María Díaz García
MARÍA DÍAZ GARCÍA.
COBRADORA DE XEO DE FRIGORÍFICOS VIGO
Nacida en Vigo ó de outubro de 1937, no seu domicilio familiar do Paseo de Alfonso. Era moi cativa cando algún días recorría a ribeira da man do seu pai, Antonio Díaz Álvarez conserxe da antiga lonxa do porto e cobrador de xeo, posto que herdou. Tiña como clientes pequenas embarcacións, ou barcos grandes que ían o Gran Sol, tamén armadores, consignatarios e comerciantes.
Tódolos días se ergue ás 4:30 da mañá para estar no porto ás 5:30. Ás 9 da mañá, descansa un rato, compartindo almorzo con homes e mulleres que traballan no porto. Logo continúa co seu traballo. A veces, os barcos lle regalan un pouco de pescado, que ela valora e agradece. non regresa a casa ata as 9 da noite. Maruxiña di: “Toda unha vida aquí”. No porto do Berbés colocóuselle unha placa cunha dedicatoria.
Libro: Por todos los mares del mundo. EL PRODIGIO DE LA PESCA EN VIGO. Autores: Esperanza Piñeiro de San Miguel y Andrés Gómez Blanco ISBN: 978-84-612-8286-9 Depósito Legal: VG 1030-2009
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.