Joan Clarke
JOAN CLARKE
Tecnóloga.
Descifrou o código Enigma que permitiu o triunfo aliado na II Guerra Mundial, xunto a Alan Turing.
(West Norwood, Londres, 24 de xuño de 1917 - Headington, Oxford, 4 de setembro de 1996) foi unha criptoanalista e numismática inglesa que traballou en Bletchley Park durante a Segunda Guerra Mundial.
Foi a única muller que traballou no equipo de Alan Turing na procura para descifrar O código Enigma utilizado polo exército Nazi, que permitiu o triunfo aliado na II Guerra Mundial,sendo o seu traballo fundamental.
O 17 de xuño de 1940, Clarke foi recrutada polo seu ex supervisor académico, para o Government Code and Cypher School ( GCCS). Traballou en Bletchley Park no grupo coñecido como "As Nenas".
Ao pouco tempo comezou a traballar na sección Hut 8, era unha habitación pequena ocupada por Alan Turing, Tony Kendrick e Peter Twinn.
Clarke converteuse en xefe adxunto de Hut 8 en 1944 aínda que se lle impediu progresar debido ao seu xénero e pagóuselle menos que aos homes. Ela e o seu equipo seguiron rompendo o Enigma Naval ata o final da guerra.
En 1947, Clarke foi nomeada membro do Imperio Británico (MBE) pola súa habilidade para descifrar códigos durante a guerra; aínda que debido ás restricións o seu traballo debería permanecer confidencial por moitos anos máis.
Fonte da imaxe:https://www.pinterest.es/pin/170785010850029727/?lp=trueJOAN CLARKE
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.