Ángela Ruiz Robles
ÁNGELA RUIZ ROBLES.
Tecnóloga
Inventora galega que desenrolou a enciclopedia mecánica, precursora do “ebook”. Dirixiu a fabricación da Enciclopedia Mecánica no Parque de Artillería de Ferrol. A Enciclopedia forma parte da Exposición do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela. **
Estudou na Escola de Maxisterio de León. Foi docente e directora na Escola de Gordón en 1917. Levou a xerencia da Escola Nacional de nenas do Hospicio de Ferrol. Foi profesora tamén na Escola Obreira gratuíta do Instituto Ibáñez Martín (hoxe CEIP Recimil) de Ferrol. Neste último edificio figura actualmente unha placa que lle rende homenaxe, xa que traballou nel ata a súa xubilación. Á marxe da educación formal creou a súa propia academia de pasantías e preparación de oposicións: ELMACA.
Publicou varias obras sobre un sistema taquigráfico baseado no traballo do gravador valenciano Francisco Martí Mora, fundador da taquigrafía española.
Era coñecedora tamén do esperanto, a lingua artificial creada por Ludwik Zamenhof en 1887.
Foi nomeada xestora da Agrupación sindical de Inventores Españois (ASIE) en Galicia no ano 1959. Tamén foi xefa provincial da Federación Politécnica Científica da Inventiva Internacional en 1973.
Fonte da imaxe: https://www.abc.es/tecnologia/abci-angela-ruiz-robles-201603280237_noticia.html
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.