Evelyn Berezin
EVELYN BEREZIN
Tecnóloga.
(12 de abril de 1925, O Bronx, (Nova York) - 8 de decembro de 2018, Manhattan, (Nova York) Foi unha enxeñeira estadounidense coñecida por deseñar un dos primeiros procesadores de texto. Tamén axudou a deseñar sistemas informáticos para bancos.Estudou na universidade de Nova York e graduouse en física en 1945. En 1951 aceptou un traballo na Electronic Computer Corporation e converteuse na xefa do departamento de lóxica.
En 1953 creou o primeiro computador de oficina e desenvolveu o primeiro sistema de reservas para aeroliñas.
En 1968 creou un procesador de textos para simplificar o traballo de oficina e en 1969 fundou a primeira empresa que desenvolvía procesadores de texto, Redactron Corporation.
En 1976 a empresa foi vendida.Entre 1980 e 1987, Berezin foi presidenta da Greenhouse Management Company, socia xeral dun grupo de capital de risco dedicado ás empresas tecnolóxicas nas súas primeiras fases.
Fonte da imaxe: https://www.timesofisrael.com/evelyn-berezin-who-brought-first-word-processor-to-market-dies-at-93/
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.