Margarita Salas
MARGARITA SALAS FALGUERAS
NACEMENTO: Luarca, 1938
FORMACIÓN: bioquímica e xenetista molecular
DESTACA:
Margarita Salas é bioquímica e discípula de Severo Ochoa, con quen traballou en Nova York. Leva 45 anos traballando e é a muller máis premiada e membro de máis academias.
É pioneira na investigación no campo da bioquímica e a bioloxía molecular. Determinou a direccionalidade da lectura da información xenética. Descubriu e caracterizou a ADN polimerasa do virus bacteriófago 29, de enorme utilidade na investigación en biotecnoloxía.
É profesora Ad Honorem do CSIC, continúa traballando no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa e é académica da RAE. En 2016 converteuse na primeira muller en gañar a Medalla Echegaray.
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.