Rita Levi Montalcini
RITA LEVI-MONTALCINI
NACEMENTO: Italia, 1909
FORMACIÓN: científica especializada en neuroloxía
DESTACA:
Foi neuróloga e senadora italiana.
Traballando con veleno de serpe, tumores e saliva de rato descubriu o factor de crecemento nervioso (NGF, en inglés), unha proteína que regula o crecemento do nervio e mantén as neuronas sas. Recibiu o premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1986.
Na Segunda Guerra Mundial, Mussolini prohibiu aos xudeus exercer ningunha carreira, así que Rita montou un laboratorio na súa habitación. Cando a guerra acabou, a investigación estaba moi avanzada e unha universidade de Estados Unidos invitouna. Estivo 30 anos investigando alí. Cando volveu a Italia, creou unha Unidade de Investigación en Roma e dirixiu en Centro de Investigación Neurobiolóxico e o Laboratorio de Bioloxía Celular.
Nunca se xubilou, traballou ata a súa morte, aos 103 anos, afirmando que cada ano o seu cerebro era máis potente e sentíase máis capacitada que aos 20, grazas á experiencia.
Chamou ás súas memorias "Eloxio á Imperfección", nas que poñía en valor a consciencia da imperfección como motor para superarse continuamente.
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.