Isabel Barreto
ISABEL BARRETO DE CASTRO.
Isabel Barreto de Castro (Pontevedra, 1567 - Perú 1612) foi unha navegante española, considerada a primeira muller que ostentou o cargo de almirante na historia da navegación. Foi esposa do navegante Álvaro de Mendaña, patrón de varias expedicións polo océano Pacífico e descubridor das illas Salomón e as illas Marquesas, e a quen acompañou na súa última viaxe.
Ela e outras mulleres embarcáronse, a pesar de que non era algo habitual na época, na expedición que o seu marido organizou polo océano Pacífico que partiu, o 16 de xuño de 1595, cara ás míticas illas Salomón. Durante a súa estancia nas illas Santa Cruz, Mendaña enfermou gravemente de malaria durante a viaxe, falecendo o 18 de outubro. Antes de morrer, nomeou á súa muller gobernadora en terra, e ao irmán desta, Lorenzo Barreto, almirante da expedición, pero Lorenzo morre uns días despois e Isabel encárgase do mando da expedición, como «adiantada do mar Océano». A expedición tivo que partir das illas tras unha rebelión dos indíxenas. Isabel decidiu pór rumbo ás illas Filipinas.
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.